top of page

Os productos LOCAIS Frutifri

  • alejand32
  • 6 ago 2014
  • 1 Min. de lectura

En Frutifri seleccionamos alimentos locais ante todo pola súas calidade, alimentos locais cunha elaboración coidadosa e con moito respeto á calidade. Trátase de alimentos escollidos especificamente, respetando a nosa filosofía, a nosa crenza de respeto ao ecosistema, aos alimentos de Proximidade e á defensa polos productos naturais e libres de axentes químicos. É unha selección feita seguindo as nosas crenzas, e centrándonos en produtos de primeira man, evitando intermediarios, alimentos procedentes do teu ámbito máis próximo posible, contribuíndo co respeto á nosa terra. Poñendo o noso gran de area en axudar a manter e desenvolver a economía da zona, mantendo un especial coidado e mimo na selección e presentación dos nosos produtos, e sempre tendo en conta os pequenos detalles que marcan a diferenza, de man cos pequenos productores que son os primeiros no proceso e filosofía de coidado e respeto pola nosa terra. Xa che contamos as principais ventaxas dos alimentos 100% locais, empeza a saborear esta sabia elección, de non comer calquer cousa, de coidarte con comida natural e non por isto ter que pagar moito máis.

Produtos con sabor de verdade, frescos e recen recollidos para que os recibas na túa casa no seu mellor momento.

 
 
 

Comments


bottom of page