top of page

BENVIDO OUTONO!

  • alejand32
  • 23 sept 2015
  • 2 Min. de lectura

hojas otoño

Hoxe dámoslle a benvida ó Outono! Unha estación chea dunhas variopintas tonalidades de amarelos, castaños, laranxas... A salvo dalgún día que Lorenzo teña a ben permitir que nos vaiamos a despedir da praia, ou da piscina... sabemos que isto xa non é o que toca...

Sempre temos que tentar dar á nosa vida un enfoque positivo, ver o vaso pola metade, e afirmar que está medio cheo, e non medio baldeiro; e pese a que hoxe despedimos o vran, podo afirmar con rotundiade, que adoro a chegada do outono... adoro o arume da vendimia; adoro os paseos familiares polas pistas e camiños da nosa Galicia,( tanto da aldea na que un nace, como na aldea na que un pace), batendo coas botas as follas secas dos carballos, dos castañeiros...; adoro os paseos en bicicleta polos sendeiros ao carón do río, ca música do decorrer da auga de fondo; adoro camiñar polos montes na procura de cogumelos e a ledicia de atopalos ; adoro o arume que desprenden a chemineas; adoro as tardes ao carón da lareira, e a creatividade que desprenden os cativos cando toca pasar a tarde no fogar, xa co píxama posto, e con despliegue de ceras, cola, tesoiras, papeis, pinceis, .... escoitando namentras o bater da choiva contra os fiestras; adoro as comidas familiares dos sábados ou domingos, e as tertulias despois do xantar, reposando pratos tan da nosa terra como o caldo, o cocido,...

Non sei como sería pasar estes próximos 89 días e 20 horas enteiros fora da nosa comunidade, pero na nosa terra, eu adoro o OUTONO.

E COMO NON, BENVIDOS ALIMENTOS DE TEMPADA.

En FRUTIFRI, xa vos falamos en varias ocasións dos beneficios para a nosa saúde de consumir productos de tempada. Falar deste tipo de alimentos de tempada, é falar dos alimentos frescos en cada época do ano, sen necesidade de sometelos a ningún tipo de conservación mais aló das normas de hixiene e de seguridade alimentaria.

Comer alimentos de tempada, como mínimo un par de veces por semana (ideal todolos días) asegura por na túa mesa o máximo sabor, e o valor nutritivo de cada ingrediente que empregas para os teus platos. Canto mais frescos consigas os alimentos maior é o beneficio e o aporte nutricional. A maiores debemos ter en conta, que co consumo alimentos de tempada, beneficias o medio ambiente, posto que non precisan longos viaxes de transporte para chegar á túa mesa.

No outono chegan á nosa mesa as uvas, o aguacate, o caqui, o kiwi, os cítricos: laranxas, mandarinas, limóns, unha amplia gama de mazás e de peras.

Tamén comeza a tempada de navizas, navicol, grelo, acelga, repolo, cabaza, espinaca, nabo, zanahoria, remolacha... sen dúbida, unha amplia gama de verduras e hortalizas comezarán a entrar nos nosos fogares... e nos, dende Frutifri, incentivaremos o seu consumo entre todos aqueles que nos conocedes, e entre os que nos conoceredes ao longo deste outono.

Come sano, come fresco, come divertido... www.frutifri.com

 
 
 

Comments


bottom of page