top of page

ALIMENTACIÓN E DEPORTE

  • alejand32
  • 4 oct 2014
  • 2 Min. de lectura

CÓMO ALIMENTARNOS EN FUNCIÓN DO DEPORTE QUE REALIZAMOS.

Cando practicamos exercicio, o noso organismo queima hidratos de carbono e graxas para poder producir a enerxía que require o esforzo. Tamén suda para regular a temperatura corporal, xa que de outro xeito subiría ao producir enerxía e non se mantería estable. Ambos procedementos –a sudoración e a queima de hidratos e graxas- provocan que o organismo perda nutrientes, un feito que desequilibria o noso corpo e que pode provocar dores musculares, fatiga ou máis fame despois de practicar deporte. É por iso que unha dieta axeitada despois do deporte resulta tan importante: con ela debemos recuperar e equilibrar todos os nutrientes perdidos. Agora ben, é importante diferenciar o tipo de exercicio físico que realizamos, xa que, según cal sexa, debemos repoñer uns nutrientes ou outros.

  • O exercicio aeróbico engloba as actividades de media e longa duración, como correr, camiñar, nadar, remar ou practicar ciclismo.

  • En cambio, o anaeróbico comprende actividades de forza, de corta duración e intensidade máis alta, como as pesas, os saltos, o baloncesto ou a ximnasia artística.

En todos os deportes se practican ambos tipos de exercicios, pero sempre predomina un deles, e en todos os deportes hai un gasto de enerxía,

¿qué debo comer para repoñela?

Hors d ' oeuvres

É imprescindible inxerir alimentos ricos en hidratos de carbono e proteínas con un baixo aporte de graxa, sobre todo, nas dúas horas posteriores ao esforzó físico, xusto cando o corpo está máis receptivo e asimila mellor os alimentos. Ademais, dependendo da actividade física que realizamos, debemos ter en conta que;

  • O exercicio aeróbico consume glucóxeno muscular. Os hidratos de carbono complexos (arroz, patacas, cereais, cereais integrais, legumes, hortalizas e froitas) son os máis aconsellados, xa que lle aportan enerxía ao organismo.

  • Nas actividades anaeróbicas destrúense sustancias plásticas do organismo que deben reconstruirse. Por iso, os aminoácidos son imprescindibles, así como o consumo de proteínas para reparar o texido muscular. Os alimentos máis aconsellables son: verduras como: col rizada, espinacas a carne, peixes, ovos,...


 
 
 

Comments


bottom of page