E SI BEBEMOS AS FROITAS, AS VERDURAS E AS HORTALIZAS?
- alejand32
- 8 may 2015
- 4 Min. de lectura

O pasado día 24 de abril, Frutifri, estivo no Centro Comercial Los Rosales, na Coruña, nun taller ao que lle chamamos " BÉBETE AS FROITAS E AS VERDURAS" coa colaboración de The Singular Kitchen . Dado que a nosa pasión son as verduras e hortalizas galegas, incentivar a alimentación sá, a innovación, entre outras, decidimos sumarnos á tendencia de moda do Juicing, e por iso, cos nosos productos, co extractor de zumos JUISSEN que temos á venda en Frutifrí, e con toda a información que recabamos de diversos nutricionistas, diversos libros, publicacións e artigos, alá nos lanzamos a esta nova iniciativa, tentando de explicarlles a aqueles que queren escoitarnos, outro xeito de tomar esas 5 pezas de froitas e verduras recomendables ao día.
¿En que consiste o Juicing? ¿que é o juicing?
O juicing consiste en facer na tua propia casa, zumes frescos de verduras e froitas crúas, que se consumen diariamente, incluso varias veces ao día, para obter un efecto determinado sobre a saúde, ou simpremente por pracer. En efecto, non se trata só de gozar, aínda que moitos cócteles son realmente deliciosos. Segundo os especialistas dos zumes, hai combinacións: -contra a migraña -para durmir mellor -contra as impurezas da pel -elixir de xuventude -contra a hinchazón abdominal -para depurarse
-para adelgazar,......etc. Un simple exemplo de zume : mestura dúas mazás cunha gran rama de apio. Parece que favorece a relaxación e axuda a durmir mellor.
Hai catro razóns principais que poderían motivarte a facer ti mesmo os teus propios zumes: - Os zumes axudan a absorber máis nutrientes que si os vexetais se atopan enteiros. Isto é importante porque a maioría de nós sufrimos de dixestións alteradas ou incompletas polos malos hábitos alimentarios adquiridos durante anos. Extraer o mollo dos vexetais crus, permite romper as fibras e, polo tanto, absorber máis sinxelamente valiosos nutrintes.
-O zume de vexetais e un elemento vivo que ten moitas virtudes. Ten o mérito de axudar ás mucosas dixestivas a reconstruírse, algo interesante e útil en caso de colitis, gastritis e inflamaciones en xeral; contén todos os nutrintes das verduras sen as fibras insolubles, que son as partes máis duras, pero coas fibras solubles que son fermentadas polas nosas bacterias e fortalecen o noso intestino.
-Os zumes permiten comer máis verduras frescas. A moitas persoas xa lles custa traballo tomar 5 froitas e verduras ao día, cando probablemente farían falta 8 ó 10, e mellor verduras en lugar de froitas. Bebendo un vaso de zume, aportará directamente ao seu corpo o mellor que hai en varias verduras.
-Permiten tomar máis variedade de verduras. Moitas persoas comen as mesmas ensaladas todos os días, o que termina por cansar. Con todo, é moi fácil facer zumes de verduras que normalmente vostede non consume. Tamén lle dará a oportunidade de descubrir novos sabores con combinacións sorprendentes (por exemplo a mazá e o apio). Os zumes son unha forma estupenda de revitalizar o organismo, debido a que teñen unha alta concentración de principios nutritivos e elementos enerxéticos.
Qué froitas e verduras empregar?

Os zumes de froitas son deliciosos, e a mesturas de froitas e verduras ás veces ata máis, grazas ao lixeiro sabor amargo ou ácido que aportan o apio, as espinacas, as follas de col,etc Pero si vostede ten sobrepeso, si ten presión arterial alta, diabetes ou risco cardíaco, é mellor centrarse nos mollos de verduras orgánicas, especialmente dos vexetais verdes (en lugar dos de froitas, que son ricos en azucres). O sorprendente é que, cun bo extrator de zumo, se pode facer zume con calquera froita e verdura.

De feito, os grandes clásicos do juicing orgánico son as follas de col de todo tipo (branca, vermella, verde, rizada), o brócoli, o apio, os nabos, os pepinos, o hinoxo, o perexil, as endivias, o cabaciño, pementos vermellos, amarelos, verdes, os guisantes, os allo, cebolas (da cebola pouca cantidade, porque non é fácil de dixerir e produce gases).

Case sempre se pode engadir un anaco de xenxibre e zumo de limón ou lima. Darase conta de que as combinacións son infinitas, e obterá os sabores máis variados, en xeral moi agradables. É unha verdadeira aventura no mundo dos sabores esquecidos, ademais dun gran agasallo de nutrientes para o seu corpo.
Sen dúbida, un extractor de zumes, é a mellor opción O problema do juicing e que require unha certa organización, xa que necesitará un aparello especial para sacar todo o partido aos vexetais ademais. Para facer os zumes algunhas persoas utilizan unha licuadora, que pode adquirirse a un prezo asequible, pero que ten o inconveniente de non extraer correctamente todo o zume e a pulpa. Coa maioría das licuadoras, parte das froitas e verduras terminan no lixo no canto de no vaso. Por iso, a única ferramenta realmente eficaz para facer mollo de vegetales é o extractor.

É máis caro, pero aprovéitase moito máis zume e nutrientes. A pulpa que sae do extractor está case seca, non se desperdicia nada. En cambio, o zume é máis puro que cunha licuadora, que deixa pasar gran cantidade de fibra. O extractor ten a vantaxe engadida de manter o zume todo o día, e ata 48 horas a salvo da oxidación. A JUISSEN é un modelo simple, que fai fácil a súa instalación e limpeza

Neste enlace, obterás mais información sobre o JUISSEN é FRUTIFRI
Comments