top of page

O outono xa está preto. Qué froitas comer?

  • alejand32
  • 19 sept 2014
  • 2 Min. de lectura

O outono está xa preto, e con el o cambio de tempada. Por iso, neste post queremos adiantar un resumo das principais froitas desta tempada, para que saibamos que é o mellor .

É certo que hoxe en día as froitas non teñen tempadas, xa que sempre hai de todo. Pero cada froita ten o seu momento óptimo de maduración ou a súa época. Isto é un indicativo para saber que non é froita conxelada, ou importada de climas ou ecosistemas que non son o seu.

Deixámosche aquí algúns dos productos que poderedes atopar na vosa caixa Frutifri a partir desta semana, así coma os seus beneficios.

caja de prueba enero.png

A laranxa A estrela é a laranxa. A raíña dos cítricos, é un produto propio de España. As laranxas comezan a chegar á nosa casa nestes meses. Trátase de variedades de mesa que nos aportarán vitamina C por un tubo, ademais de fibra e moi poucas calorías. É certo que a laranxa alárgase durante o inverno tamén, sendo unha importante prevención para o organismo, xa que nos axuda a reforzar as defensas.

A mandarina Outra familiar da laranxa, que ten moito protagonismo nesta época do ano, son as mandarinas. Son máis sínxelas de pelar que as laranxas e máis sinxela para comer, máis que nada polo seu tamaño. Pero do mesmo xeito que a súa irmá maior, trátase dun cítrico que nos aportará altas doses de vitamina C e será unha boa medicina preventiva fronte ao frío.

As uvas As uvas son outra das froitas estrela do outono, e é que é o momento da vendimia, e cando mellor atópase esta froita en canto a sabor e tamaño. Son unha importante fonte de minerais, vitaminas e sobre todo antioxidantes. Destacamos o resveratrol, que contén as uvas en grandes cantidades e serviranos para minimizar o efecto que os radicais libres teñen no noso organismo.

As peras As peras son outro tipo de froita propia do outono. É unha das froitas máis baixas en calorías e que adoita indicarse en calquera dieta de adelgazamento. Por isto, e polo seu alto contido en fibra, que nos axudará a conseguir un organismo depurado e en perfecto estado. Ademais hai que engadir que contén altas cantidades de vitamina E e C.

Os plátanos

O outono tamén é época de plátanos. É certo que os atopamos ao longo do ano, pero agora é cando están no seu apoxeo. É unha froita que nos aportará enerxía extra, debido a que contén unha carga elevada de fructosa. A isto hai que sumar as importantes cantidades de potasio que nos brinda, o que a converte na froita predilecta dos deportistas.

 
 
 

Comments


bottom of page