top of page

A DIETA MEDITERRANEA. En que se basa?

  • alejand32
  • 16 oct 2014
  • 3 Min. de lectura

A Unesco aprobou a inscrición da dieta mediterránea na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, pois considera que se trata dun estilo de vida que se transmite de xeración en xeración, como unha expresión, un uso ou un coñecemento que as comunidades e os grupos reinventan constantemente en función do seu entorno; que interactúa ca natureza e a historia e que infunde un sentimento de identidade e continuidade, contribuíndo así a promover o respecto cara a diversidade cultural e a creatividade humana. Qué é a dieta mediterránea?

A dieta mediterránea consiste nun estilo de vida baseado nunha dieta equilibrada e variada na que predominan os alimentos obtidos dos cultivos tradicionais desta zona xeográfica bañada polo mediterráneo; o trigo, a oliveira e a vide. Os alimentos que constitúen a base de esta alimentación son: Pan e a pasta, como principal fonte de hidratos de carbono. Aceite de oliva como principal fonte de graxa. Viño en cantidades moderadas durante as comidas. As hortalizas, as froitas, os froitos secos e as legumes aportan a esta dieta gran cantidade de fibra e antioxidantes. Peixe, as aves de curral, os produtos lácteos e os ovos como principal fonte de proteínas e un menor consumo de carnes e graxas animais. Estes alimentos e o seu tratamento culinario da lugar a un estilo de vida que se complementa cuns hábitos (por desgraza cada vez menos frecuentes) aos que invita o clima, como son os paseos ao sol, os faladoiros, ou a sesta. Características da dieta mediterránea

A dieta mediterránea non pode ser única xa que son varios os países que a gozan, e polo tanto, cada un deles aportan as súas peculiaridades; pero si hai unha serie de características común: Aceite de oliva como principal fonte de graxa. Consumo alto de alimentos ricos en fibra como froitas, verduras, legumes e hortalizas; as ensaladas están presentes en todas as comidas, e rematan cunha froita como sobremesa, na maioría dos casos. Débense tomar legumes polo menos dúas veces a semana, e ao menos tres ou catro pezas de froita ao día. Preparacións culinarias coidadas e sinxelas: fervidos, asados. Texturas firmes; fritos, pan, froitas, verduras, froitos secos e hortalizas crúas. O consumo de pan fresco, arroz e pasta segue sendo alto; e vaise incrementando o da pasta fresca. Pasta e arroces débense tomar de tres a catro veces por semana. Escaso consumo de alimentos proteicos, sobre todo carnes vermellas, e máis de pescado e aves de curral. Uso de produtos como o allo ou a cebola, e algunhas especies e herbas aromáticas. Gusto polos ácidos; as ensaladas alíñanse xenerosamente con vinagre e o uso de limóns e cítricos en xeral é moi importante. A laranxa figura entre as froitas preferidas pola poboación. Viño nas comidas principais en cantidades moderadas (uns 150 cc en cada comida). Uso de gran cantidade de produtos frescos. Realizar exercicio físico todos os días. Beber moita auga. É a bebida por excelencia no Mediterráneo. ¿Por qué Dieta Mediterránea? O seu descubrimento como dieta saudable realizouse a partir dos estudios nutricionais en Grecia, onde se detectou unha incidencia de arteriosclerosis, enfermidades cardiovasculares e enfermidades dexenerativas inferior a media. E unha maior esperanza de vida. Baseándose nestes antecedentes, de 1958 a 1964 realizouse un extenso estudo epidemiolóxico denominado “Estudo dos sete países”, dirixido por Ancel Keys, para investigar os hábitos dietéticos de sete países entre os que figuraban cinco países non mediterráneos: Estados Unidos, Xapón, Finlandia e Holanda, e tres mediterráneos: Yugoslavia, Italia e Grecia. Os resultados do estudo mostraron unha clara relación entre as características da dieta e da saúde da súa poboación.

Dieta mediterránea + exercicio físico = saúde

deporte frutifri

A combinación dunha rutina constante do exercicio físico e unha alimentación san e equilibrada é perfecta para reducir enfermidades derivadas dos malos hábitos alimentarios e de vida. Aínda que a dieta mediterránea se practica dende sempre, os beneficios que de ela se derivan coñécense dende fai relativamente poucos anos. Recoñeceuse cientificamente como unha das máis saudables a nivel mundial. Contribúe ao benestar físico e emocional das persoas. Ademais, o seu carácter excepcional basease na sinxeleza, o enxeño, a imaxinación e a sociabilidade.


 
 
 

Comentarios


bottom of page